|
Por José Luis López
O día 17 o ministro Sebastián acaba de anunciar a incrusión da conexión de 1m, como dereito universaldo consumidor final, esto significa que si as operadoras non están interesadas en levar ese ancho de banda ao consumidor o asumirá o goberno sustentando o tramo. Sendo un anuncio importante, é como recoñecer o dereito de todos/as ao acceso aos libros. Un ministro de Industria, Turismo e Comercio debería saber que tan importante como a velocidade de baixada é a de subida, explicando para profanos: non solo é importante a velocidade con que podemos "coller" datos da rede sinon tamén coa que podemos demandalos. De pouco valerá ter unha baixada dun mega recoñecida se as velicidades de subida son tan baixas como 125k, sería o mesmo que estar manco ou dicindoo doutro xeito, poderíamos recibir cartas e paquetes pero como moito facer envios de carta, paquetes imposibles e si a carta pasa do 100gr, xa veremos. Esperemos, por tanto, a ver como se concreta a noticia na norma e desexemos que o ministro teña bo criterio. Boas noites, e boa sorte
|