Home Política Decálogo de boas prácticas do PP
 
Decálogo de boas prácticas do PP PDF Imprimir E-mail
Por Luis Toxo, publicado no Xornal de Galicia.
 
O día 22 de Decembro tiven unha tripla sorpresa: tomei un café ben feito na cafetería; nela, o novo encargado confundiume con un simpatizante do PP; e por último tocoume unha pedrea na lotería de dez euros.
O caso é que o responsable do bar fíxome entrega con moito sixilo dun documento, coa recomendación de facelo correr entre os “nosos” que di así:
A tódolos militantes e simpatizantes do Partido:
1. Coller un asunto calquera xestionado polo Goberno de España, (secuestros; folgas de fame; leis; atentados; paro; ou vagas de frío...), retorcédeo ao voso gusto e teredes construído con sinxeleza un argumento crible contra dos adversarios políticos que podedes e debedes comentar de cotío nas rúas, no traballo e no bar.
2. Sempre, despois de criticar o Goberno de España, debedes dar solucións propias apoiadas nos nosos grandes principios, a saber: a verdade; a transparencia o interés público e a honestidade. Non entredes nos detalles, eso é responsabilidade do Goberno, nin aceptedes discutir o que facemos onde gobernamos nós.
3. Falade sempre veña ou non a conto e con moita enerxía de “meter en cintura” os funcionarios, os parados mangantes, os chourizos, os cataláns, e os marroquís entre outros. Os cidadáns cabreados pola crise gustan das solucións autoritarias, fachendosas e patrióticas.
4. Poñédevos sempre a carón dos que protestan ou animalos a protestar por calquera cousa. Non vos preocupedes excesivamente por que teñan ou non razón. En política unha parvada nunca é un obstáculo importante.
5. Alí onde estamos a gobernar non faledes do que nós esixiamos e reivindicabamos cando estabamos na oposición, nin permitades falar deses asuntos a ninguén. Debedes saber que gobernar non consiste en resolver problemas, senón en saber facer calar a quenes os formulan.
6. Opoñervos con forza e con tódolos medios posibles contra calquera novidade, ou solución que non sexa nosa. Está demostrado que as solucións dos demais son sempre ocorrencias moi perigosas social e economicamente.
7. Debedes de esixir que o Goberno de España resolva calquera problema que xurda, axiña. Se así o fai, modificade canto poidades o problema, para que a solución aplicada sexa mala.
8. Nunca se vos ocorra falar en tempos de crise, e mentres gobernemos en Galicia, das nosas competencias autonómicas en materia de vivenda; solo; urbanismo; traballo; sanidade, industria e medio ambiente.
9. Acusade sempre o Goberno de Madrid e a nosa oposición en Galicia daquelas carencias que nós mesmos temos. Non hai nada mellor que tapar un remendo con outro.
10. Recordádelle sempre aos nosos inimigos políticos nos debates tres cuestións básicas: a lei, e verdade, e os feitos. Se cumpren a lei é porque menten e os feitos demostrarano co tempo. Se menten; nin cumpren a lei nin os feitos; e se os feitos non se concretan, nin cumpren a lei nin din a verdade.
A partires de Xaneiro fáganse saber estas recomendacións a tódolos nosos militantes e simpatizantes. (Pois veña, que por min non quede ...). Asinado (ilexible).
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Comentarios
Añadir nuevo Buscar
+/-
Escribir comentario
Nombre:
Email:
 
Website:
Título:
Código UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
Por favor introduce el código anti-spam que puedes leer en la imagen.
thompson garcia  - Unha aproximación moi real...   |2010-01-30 13:11:38
Impresionoume o realismo brutal da descripción que se fai no decálogo que
leva a pensar, inicialmente, que se trata de un documento certo.
Parabens.E
conviría tomar boa nota...

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."