Home Sociedad Inmigrantes e delincuentes
 
Inmigrantes e delincuentes PDF Imprimir E-mail

por Fran Prego

O primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi, un personaxe cunha ringleira de procesos xudiciais por subornos, conexións coa mafia, que modifica leis a capricho para evitar a acción da xustiza, e que nas súas mansións celebra festas con prostitutas nas que se consumen drogas, acaba de manifestar que as persoas que non pertencen a UE (extracomunitarios) engrosan en Italia as filas da delincuencia. En España o Partido Popular estase a refuxiar no oportunismo demoscópico con teses racistas para obter votos eludindo os problemas de fondo. Non hai nada mais demagóxico e infame apelar as ringleiras do paro e dicirlles que si non teñen traballo é porque os inmigrantes llo están a quitar; ou manifestar nos centros de saúde ou nos servizos sociais, que si non tiveramos tantos inmigrantes non terían que esperar tanto para ser atendidos. Isto evítalle aos conservadores apuntar e molestar os verdadeiros responsables da crise e de paso intentan obter algo de rédito electoral. Ante estas manifestacións resulta atronador o silencio dos xerarcas da igrexa católica, tan politicamente activos con outros asuntos nos que deberían estar respectuosamente calados.

 

 

 

Estes argumentos tenden a alentar as conviccións de persoas de extrema dereita que se manifestan en malleiras a indixentes e inmigrantes e actúan con demasiada impunidade. Estes delincuentes case nunca son tratados como bandas organizadas, senón como vándalos e descerebrados, que tamén o son, e deberían aplicarlle a Lei de Partidos. Non debemos esquecer que forman grupos organizados que idealizan a violencia, o racismo e a xenofobia. Pensan que están ameazados pola magnífica diversidade da sociedade na que vivimos. Para eles o mundo ideal e uniforme e monocromo onde todos temos que pensar coma eles.

En 2008 residían en España case 3,5 millóns de estranxeiros non comunitarios, isto representa o 7,1% do total da poboación empadroada. Un número tan curto de persoas non pode poñer en xaque ao mercado de traballo, a seguridade cidadá, o sistema de protección social ou educativo. Convén que todos fagamos unha reflexión serena, porque os inmigrantes non son o motivo dos principais problemas que nos apuran. Nin son o problema nin a solución. So son as vítimas que fan mais visibles as disfuncións que nun período de bonanza económica permanecían ocultas. O sistema botou man deles porque eran baratos e explotables, e agora, en consonancia coas teorías conservadoras mais darwinianas, son os débiles e diferentes os que teñen que perecer no asimétrico sistema social que pretenden impoñer.

Ao Partido Popular hai que repetirlle con claridade e ven alto que un inmigrante que cumpra coas leis do país de acollida non ten ningunha outra obriga que non teñan os cidadáns do mesmo; tódolos seres humanos temos uns dereitos básicos que son intocables, aínda que non teñan papeis; a obriga de empadroar as persoas que non teñen visado atende ao interese xeral (así o impuxo fai tempo Rajoy, cando era ministro de interior), e si nun concello hai 150.000 habitantes de feito, estes son os que teñen que reflectirse no censo de habitantes, con papeis ou sen papeis, entrasen en bussines ou patera. Poderán ser expulsados legalmente, pero non poden ser despoxados dos seus dereitos nin servizos básicos como son a atención sanitaria ou a educación para os seus fillos. Os delincuentes, teñan ou non garabata, teñan luxosas mansións ou estean no paro, deberían estar no cárcere.



 

Comentarios
Añadir nuevo Buscar
+/-
Escribir comentario
Nombre:
Email:
 
Website:
Título:
Código UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
Por favor introduce el código anti-spam que puedes leer en la imagen.
Rouco  - Radical   |2010-02-01 19:27:54
Señor Prego siempre le observo posiciones radicales, sobre todo con la iglesia
y ya que se erige en voz de los defavorecidos, le indicare que ninguna
institución hace tanto por ellos como la iglesia. El racismo y la xenofobia son
combatidos desde la palabra de Jesus. Quisiera que su nivel de compromiso se
pudiera parecer al de algunos miembros de la Iglesia. Reflexione.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."