Home Política Posición na agrupación Socialista de Santiago
 
Posición na agrupación Socialista de Santiago PDF Imprimir E-mail

17/03/2009

O que está a acontecer estes días co  PSdeG xa se viña vir. Un grupo de xente presentou, en outubro de 2008, unha candidatura alternativa á executiva local de Santiago de Compostela  e deu as súas razóns. De seguido expoñemos o discurso na asamblea (poñente: Xosé Antón López)

Boas noites compañeiras/os:

 Para empezar a miña intervención quero dar os parabéns ao PSdG de Compostela, facía moitos anos que esta casa do pobo socialista non contaba coa presenza de tantos militantes socialistas nunha asemblea. Iso quere dicir que o socialismo de Compostela hoxe xa acadou un éxito: O da participación da militancia.

 A participación da militancia é unha palabra clave para unha organización política, sen ela esmorece lentamente. Nós, este grupo de militantes socialistas formamos unha candidatura á executiva. ¿ Por qué o facemos?. Porque non queremos que as cousas segan facéndose como ata agora. Porque non queremos unha agrupación socialista debilitada cara fora e cara dentro. Por que non queremos un partido pechado a militancia, a sociedade e a renovación. Po que non queremos unha agrupación sen actividade. ¿E que queremos?.  PARTICIPAR. Participar no proxecto socialista, debatelo, confrontalo entre nós, e defendelo todos xuntos. 

¿Como facer isto?. Nós pensamos que:

1º.- Dinamizando a actividade da agrupación socialista de Compostela, fomentando a participación, dando unha maior presenza a militancia para crear unha autentica rede socialista dentro do tecido social.

2º.- Facendo un partido mais visible na sociedade, aproveitando todos os medios tecnolóxicos.

3º.- Achegando o partido á cidadanía, tendo presenza nos barrios, incorporando novos afiliados, facendo un partido sensible socialmente aos problemas das veciñas/os.

4º.- Reforzando o ideario socialista, o discurso socialista non só é xestión, senón tamén ideas e valores. Neste momento histórico, cun contexto económico a deriva, se cabe, recobran mais importancia os principios do socialismo. Mais que nunca as nosas ideas teñen vixencia.

Compañeiras/os:

Nos queremos facer isto dende a lealdade e a responsabilidade política. Lealdade porque este equipo de mulleres e homes que presentamos esta candidatura pensamos que no socialismo de Compostela non sobra ninguén, todo o contrario, falla xente que aporte mais traballo. Responsabilidade política porque consideramos que estamos nun momento crucial despois dos últimos resultados electorais para o PSdG de Compostela e é bo decir o que se pensa, falar claro e por riba da mesa os problemas para entre todos buscar as solucións.

Responsabilidade porque si esta candidatura ten a vosa confianza o primeiro que fará é reunirse co grupo municipal e o noso alcalde para porñernos a súa disposición e coordinar respostas políticas, unidos e nunha sola dirección. Que ninguén se engane, nós somos compañeiros de viaxe, os rivais políticos están fora. A nosa candidatura pretende representar todo iso . En canto as secretarías, quero facer especial fincapé nunha de elas, a da “Memoria Histórica”. É unha aposta clara por non perder os orixes, por saber quen fomos e quen somos, dando participación a todos os militantes veteranos, que cada un desde o seu lugar, deron tanto a este partido e que tanto arriscaron por defender o socialismo. Tamén queremos facer fincapé en que esta candidatura non ten presidente, porque entendemos que si temos a confianza desta asemblea o presidente debe ser o compañeiro Bugallo, o noso alcalde, o alcalde de todos os socialistas de Compostela.

Para rematar, quero facer miñas unhas verbas de Ramón Piñeiro, homenaxeado como ben sabedes co día das letras Galegas do próximo ano, o PSdeG de Compostela "será o que todos nos queiramos que sexa, o que queira a súa militancia”  Piñeiro falaba de Galicia eu da agrupación de Compostela. Compañeiras/os se pensades que esta candidatura pode aportar algo novo, mais frescura, mais participación e mais ilusión pídovos que nos votedes. Moitas grazas e boa sorte.  

             Santiago de Compostela 27/10/2008.

 

Comentarios
Añadir nuevo Buscar
+/-
Escribir comentario
Nombre:
Email:
 
Website:
Título:
Código UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
Por favor introduce el código anti-spam que puedes leer en la imagen.
raquel  - muy bien   |2009-03-17 14:24:27
me parece muy bien todo lo que se dices

deberia haber mas gente que opinen asi
y que sean capaces de expresarlo.

Mucho animo
Sport Watch     |2010-06-25 02:48:44
79983369175689 within this dAy And Age is A respectable daytime, from this
time i frozen toward create sports. impede i insufficiency a couple of
Shoes New Balance Shoes . thus i have to to bad deal Nike Shoes Jordan Shoes . near are a grouping of Nike Shoes Asics Shoes in the shops, i akin to Nike managing Shoes Basketball Shoes , it is pick up instead of running. Nike usage Shoes Nike Golf Shoes intake Eva or trodden Eva as the solitary key whatsoever. it is a two of a
kind of reduced Nike Shoes Authentic Shoes , the price is blond. the sales clerk bid Nike basketball Shoes Running Shoes regarding me. It is in the same way certainly accepted. avoid I notch not
match the color. by the side of obstruction I uninterrupted elect
the Nike management Shoes Nike Running Shoes . It is spread becoming on me.
emilio  - necesidad de un cambio   |2009-03-22 18:26:02
teneis mi apoyo.
el partido socialista en particular en santiago necesita una
remodelacion, necesita savia nueva que aporte mas dinamismo y mas cercano al
pueblo.
Gus  - con el partido   |2009-03-23 09:14:00
Es un postura crítca con la organización interna pero que apoya al partido.
Quiere un cambio, pero con todos sus mienbros sin excluír, porque en el cambio
somos necesarios todos.
Tienes mi apoyo.
chelo  - Por la unidad   |2009-03-23 09:18:22
Me gusta la postura. Ser crítico desde la unidad. Si fuese esa la postura
mantenida, quizá hubiesemos logrado 26. Tienes mi apoyo.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."